Subvencións a PEMEs para a realización de proxectos para a implantación de medidas de responsabilidade social empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia


Obxecto

Establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas á realización dun proxecto para a implantación de medidas de responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas

Beneficiarios

Empresas con domicilio social e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que reúan as seguintes condicións:

- Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros
- Que conten cunh número igual ou superior a 5 e inferior a 250 persoas traballadoras
- Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma

Actuacións e gastos subvenvcionables

Realización dun proxecto para a implantación de medidas de responsabilidade social empresarial, que debe comprender obrigatoriamente a realización das seguintes actividades:

A actividade subvencionable consistirá na realización dun proxecto para a implantación de medidas de responsabilidade social empresarial, que debe comprender, obrigatoriamente a realización das seguintes actividades:

- Unha análise ou diagnóstico sobre a situación actual da empresa en materia de responsabilidade social empresarial. Debe incluir os seguintes ámbitos:
o Xestión ambiental
o Conciliación da vida familiar e laboral
o Condición laborais
o Igualdade de oportunidades
o Política social
o identifcación dos grupos de interese
- Elaboración dun plan no que se recolla a implantación na empresa de novas medidas de responsabilidade social. Este plan debe establecer os obxectivos que se pretenden alcanzar, as actividades concretas que se van levar a cabo para logralos e os recursos necesarios
- Un compromiso de implantación: documento asinado pola dirección ou polo máximo responsable da emprsa en que se compromete á aplicación das medidas previstas no plan e segundo o calendario previsto
- A comunicación e difusión das medidas que a empresa se compromete a implantar

Contía das axudas

A contía das axudas previstas consistirá no 100% dos gastos debidamente xustificados para a realización do proxecto, co límite de 8.000 euros por beneficiaria

Prazo de presentación: 1 de xullo do 2010

DOG, Nº 101, Luns 31 de maio do 2010



© Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento
Tecnolóxico de Galicia. Aviso Legal