| |
PRESENTACIÓN
WEB OBSERVATORIO DA CALIDADE
O Observatorio da calidade é un producto web dirixido ás empresas, organizacións e sociedade galega en xeral interesadas nos principios, obxectivos e técnicas en materia de calidade. O sitio web que se presenta:
www.observatoriocalidade.org
enmárcase, xunto con outras iniciativas, dentro do portal contextual da Fundación; www.fundacioncalidade.org.
O Observatorio da calidade de Galicia é unha iniciativa promovida pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia que incorpora servicios no terreo da divulgación da calidade a través de noticias, foros, axudas e ligazóns de interese, que informa sobre contidos e tendencias dando resposta ás cuestións máis frecuentes, con informes técnicos específicos e actualizando directorios de empresas certificadas e de servicios e, finalmente, aportando unha rigurosa plataforma para o coñecemento da realidade galega en materia de certificación.
As empresas e organizacións galegas veñen incorporándose desde principios dos noventa, ó proceso de certificación dos seus sistemas de xestión da calidade. Ademáis, con esta tendencia e especialmente a partir de 1997 véñense certificando os sistemas de xestión medioambiental. O actual mapa da certificación en Galicia complétase con certificacións de producto, persona e outras normas específicas, entre as que debemos destacar os referenciais do sector de automoción. Tóda a información de detalle incorpórase de forma actualizada nas distintas seccións do sitio web.
Como consecuencia do importante ritmo de crecemento nas prácticas anteriormente indicadas, así como do seu impacto positivo na competitividade das nosas organizacións, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio ven impulsando a implantación de políticas en materia de calidade e certificación e pon en marcha desde a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico, a Base de Datos da Certificación (BDCGa), co obxectivo de dar a coñecer a realidade da certificación e prestar servicios en materia de calidade á sociedade galega.
Finalmente, é de destacar e agradecer a activa colaboración das entidades de certificación que operan en Galicia, coas que se estableceu un acordo acerca dos principios básicos de funcionamento do sistema de información, así como o papel clave desempeñado polas propias organizacións certificadas que facilitan permanentemente os seus datos e información ós nosos servicios técnicos para o mantemento actualizado dos rexistros en materia de calidade.
|