Bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apio á innovación das pequenas e medianas empresas (Innoempresa)
FINALIDADE DA AXUDA
Proxectos que impliquen a adopción de novos modelos empresariais innovadores mediante a implantación de ferramentas de xestión avanzada
/BENEFICIARIOS
As pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008), que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto, que desenvolvan actividades subvencionables e conten con, polo menos, UN EMPREGADO con contrato laboral.
Poderán ser así mesmo beneficiarios os organismos intermedios, sempre que no proxecto subvencionable contemplen a prestación de servizos de carácter innovador a un conxunto de pemes galegas ou con centro de actividade en Galicia definidas en canto ao seu número, condición de pequena ou mediana empresa, sector de actividade e ámbito xeográfico que, necesariamente, terán que participar na súa execución e nun mínimo dun 10% no financiamento dos servizos recibidos.
Entenderase como organismo intermedio:
a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á innovación e á modernización nas súas diversas formas ás pemes e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.
b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á innovación e á competitividade das pemes e promovan proxectos nos que non persigan a obtención de beneficios.
NON BENEFICIARIOS:
Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas cuxa actividade de subministradoras de bens ou prestadoras de servizos se desenvolva nos mesmos ámbitos para os que solicitan a axuda.
SECTORES INCENTIVABLES
Poderán ser beneficiarios as pemes dos sectores de industria (incluída a agroalimentaria), construción, turismo, comercio e servizos, e os organismos intermedios que desenvolvan proxectos para pemes destes sectores.
Non serán subvencionables as seguintes actividades: a. As actividades relacionadas coa exportación, concretamente as directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora. b. As axudas subordinadas á utilización preferente de produtos nacionais repeto a produtos importados. c. Os produtos da pesca e a acuicultura. CNAE 09: Grupo 10.2 (todas as clases) d. As actividades relacionadas coa produción primaria de produtos agrarios, fabricación e comercialización de produtos agrarios cando a axuda se repercuta total ou parcialmente sobre os produtores primarios (agricultores). CNAE 09: Divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases) e. O sector da industria siderúrxica: CNAE 09: Grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52 f. O sector de fibras sintéticas. g. O sector do carbón e do aceiro: CNAE 09: División 05 (todos os grupos e clases) h. O sector da construción naval: CNAE 09: Clase 30.11
DOG, Nº 100, venres 28 de maio do 2010
© Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Aviso
Legal
|