Axudas para a mobilización, dinamización e sistematización da Innovación


Obxeto

O obxecto das subvencións reguladas nesta orde é o financiamento de actuacións destinadas a:

-Sensibilizar e mobilizar as empresas, especialmente as pemes, acerca da importancia da innovación e da necesidade dunha xestión sistemática e profesionalizada desta.
-Ensaiar e implantar procedementos de sistematización dos procesos de innovación nas empresas que redunden nunha maior eficacia deles.
-Desenvolver dinámicas de utilización continuada de servizos externos para a xestión da innovación como unha actividade habitual da empresa.
-Fomentar o desenvolvemento dunha cultura e estrutura empresarial proclives á innovación.
-Fomentar a cooperación entre axentes do sistema de innovación:

*Favorecendo o traballo conxunto de distintos axentes do Sistema Galego de Investigación e Innovación, o seu mutuo coñecemento e o desenvolvemento de actividades en cooperación especialmente coas pemes ou colectivos de pemes con axentes xeradores de coñecemento.
*Contribuíndo á xeración de proxectos de I+D+i e en particular de proxectos de colaboración.
*Fomentando a transferencia de coñecemento, resultados de investigación e tecnoloxía.

Actuacións subvencionables

- Xornadas, seminarios e obradoiros sobre a importancia da innovación e a súa aplicación sistemática e profesionalizada
- Accións de dinamización da innovación en colectivos empresariais de ámbito xeofráfico e/ou sectorial e proxectos piloto de implantación de sistemáticas de innovación en Pemes

Gastos subvencionables dos programas operativos Feder:

Modalidade A:

- Pagamentos de conferenciantes
- Gastos de desprazamento, manutención e aloxamento de conferenciantes
- Aluguer de salas e/ou instalacións precisas para o desenvolvemento da actuación proposta
- Dedicación do persoal propio da entidade solicitante
- Investimentos realizados para a difusión e convocatoria das actividades que se van desenvolver

Modalidade B:

- Gastos de persoal propio ou contratado dedicado directamente ás actuacións do proxecto que se presente
- Gastos de asesoría, consultaría, titoría ou formación realizados por consultores externos
- Investimentos realizados para a difusión e convocatoria das actividades que se van desenvolver


Actividades excluídas

a) Estudos de viabilidade de proxectos de I+D+i, diagnósticos tecnolóxicos e de innovación, preparación de novas proxectos de I+D+i;
b) Realización de estudos de innovación de ámbito sectorial ou xeográfico e diagnósticos de tecnolóxías críticos para determinados sectores;
c) Desenvolvemento de páxinas web e ferramentas informáticas para a xestión da innovación
d) Implantación das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC)


Beneficiarios

- Organismos de intermediación e representación empresariais con personalidade xurídica propia e sen fin de lucro, que aglutinan colectivos sectoriais e /ou xeográficos de empresas que deben presentar un interese preferente pola innovación
- Empresas consultoras con especialización e experiencia demostrable na xestión da innovación

DOG, Nº 120, venres, 25 de xuño do 2010



© Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Aviso Legal