Subvencións para os programas Sectoriais de Investigación aplicada Peme I+D e I+D Suma
Obxecto
Aprobar as bases polas que rexerá a concesión das subvencións da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria con din de pór en marcha os instrumentos previstos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 para a execución dos programas de Investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma.
Liñas prioritarias - Medio Rural (MRU) - Medio Mariño (MMA) - Recursos enerxéticos e mineiros (REM) - Medio natual e desenvolcemento sustentable (MDS) - Biomedicina e ciencias da saúde (CSA) - Tecnoloxías da alimentación (TAL) - Tecnoloxías dos materiais de construción (TMT) - Deseño e produción industrial: o Modalidade A: Deseño e produción industrial (DPI) o Modalidade B: Deseño e produción na automoción (DPA) - Tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) - Sociedade da información (SIN) - Sociedade e cultura (SEC) - Turismo (TUR)
Modalidades de subvencións
A. PROXECTOS INDIVIDUAIS: os seguintes organismos poden ser beneficiarios a. Equipos de investigación de universidades, organismos públicos de investigación, entes e centros públicos de investigación de Galicia: proxectos de investigación aplicada b. Centros tecnolóxicos de Galicia: proxectos de investigación aplicada c. Empresas privadas, agrupacións de empresas de carácter privado, ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación: i. Proxectos de investigación industrial ii. Proxectos de desenvolvemento experimental B. PROXECTOS EN COLABORACIÓN: realizados por máis dunha entidade. Calquera das citadas anteriormente pode ser beneficiario C. PROXECTOS SOLICITADOS POR DISTINTOS AXENTES DO SISTEMA GALEGO DE I+D, con avaliación positiva nas convocatorias conxuntas de axudas para proxectos de investigación dentro de ERA-NET LEADERA e ERA-NET MATERA +
Compatibilidade e incompatibilidade
Incompatiblidade con: - Calquera outra das liñas de axudas xestionadas pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación para o mesmo proxecto.
Compatibles con:
- Calquera outra axuda destinada ao mesmo proxecto, calquera que sean a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto ou o custo total elixible no caso de proxectos confinanciados con fondos Feder.
Enmenda da documentación
Prazo de enmenda de documentación: 10 días hábiles
Se a documentación se presenta correctamente despois das enmendas, se remitirán os expedientes á comisión encargada da súa valoración Se os expedientes non cumpren coas esixencias establecidas nesta orde, quedarán a disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión.
PROXECTOS EN COLABORACIÓN: a inadmisión dun pos solicitantes suporá a inadmisión de todos os participantes nel
Máis información>
Teléfonos: 881 999 160 881 999 156 Cei.infosect@xunta.es
DOG nº 128, mércores, 7 de xullo de 2010
© Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Aviso
Legal
|