O I+D+i coruñés adiantouse varios anos ao Google Earth 10/03/2010
La Voz de Galicia
A presentación do Plan Investidor Municipal que tivo lugar a semana pasada na Domus deixou boquiaberto a máis dun asistente. Non porque as partidas orzamentarias vaianse a destinar a unha ou outra obra, senón polo singular modo con que eses investimentos se amosaron ao público a través do Santi, acrónimo do Sistema Azanzado de Negociación sobre Terreos Interactivos. Trátase dunha tecnoloxía de orixe 100% coruñés coa que o alcalde Javier Losada parecía, por momentos, ter a cidade nas súas mans.
Especialistas galegos en TIC deseñan software específico para o sector das renovables 10/03/2010
Código Cero
Toca falar das amplas e firmes conexións entre as novas tecnoloxías da información e os recursos para acadar meirande sostibilidade enerxética nas nosas empresas, dous eidos de actividade que se apoian mutuamente de maneira case obrigada. Por dicilo doutra maneira, será ben difícil atopar unha compañía do sector das renovables ou do aforro enerxético que non bote man de software para acadar mellores obxectivos, do mesmo xeito que unha empresa TIC tenderá sempre a escoller aquilo que lle permita máis percorrido coa menor cantidade de combustible. Disto, de establecer meirandes conexións entre unhas e outras, trata en parte o proxecto europeo Er-Innova, alianza empresarial presentada hoxe na Tecnópole e chamada a dar acubillo a preto de cen empresas galego-portuguesas do sector das renovables. Durante a presentación da iniciativa, entre outras achegas, presentáronse ferramentas dixitais para o día a día das firmas deste tecido produtivo en espallamento. Asemade, no transcurso da sesión técnica celebrada na sede da Tecnópole (xefe de fila do proxecto), déronse a coñecer polo miúdo os obxectivos da iniciativa, posta en marcha en 2009: incrementar a competitividade das pemes do sector, as condicións de traballo, o seu posicionamento no mercado e máis a implantación no seu seo de ferramentas baseadas nas novas tecnoloxías e deseñadas para atender ás súas necesidades de maneira específica.
A Universidade de Vigo presenta en ACUI a súa oferta científico-tecnolóxica en acuicultura 09/03/2010
Universidade de Vigo
A Oficina de I+D (OTRI) estivo estes días en Vilagarcía de Arousa na IV Feira de Acuicultura de Galicia – ACUI 2010 presentando a oferta científico-tecnolóxica da Universidade de Vigo neste campo estratéxico para Galicia. Durante os tres días que durou a feira, numeroso público achegouse ao stand que compartían as tres universidades galegas e o CSIC para interesarse polos traballos que están a levar a cabo os investigadores da UVigo relacionados coa acuicultura.
A incubadora de empresas da USC, participa nun proxecto europeo no ámbito das TIC 09/03/2010
La Voz de Galicia
A incubadora de empresas da Universidade de Santiago, Uninova, participa como socia no proxecto europeo Ymir, dentro do sétimo programa marco no ámbito das tecnoloxías das información e das comunicacións (TIC). Cinco socios dun total de catro países comunitarios (España, Bélxica, Portugal e Gracia) integran o consorcio deste proxecto, cuxo traballo prolongarase ao longo dos dous próximos anos co obxectivo de crear unha plataforma integrada que facilite o acceso á financiación daquelas pequenas e medianas empresas (pemes) innovadoras que participarán en proxectos de TIC amparados por este mesmo programa marco.
A Xunta outorga o seu respaldo ao gran campus do mar de Vigo 09/03/2010
La Voz de Galicia
Galicia aspira a ser a gran referencia internacional en investigación mariña. O logrará, se todo vai según o previsto, co proxecto do campus do mar, unha iniciativa promovida pola Universidade de Vigo que, dende onte, é tamén un proxecto de toda Galicia. Só a Xunta faltaba por sumarse e o fixo co respaldo do seu presidene, Alberto Núñez Feijóo, e o seu conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.
Calidade e innovación como filosofía 05/03/2010
La Voz de Galicia
Acui ofreceu aos seus visitantes as últimas novidades no sector da acuicultura, tanto técnicas como de produtos e servizos. Os que se achegaron ao recinto feiral de Fexdega puidéronse poñer ao día do que se está a facer, aquí e alá neste negocio. Entre todo o presentado por expositores e marcas destaca o produto galego. E ahí, as apostas, que por novidosas, queren cubrir os nichos de mercado existentes.
Médicos galegos idean un control dos hipertensos que alonga a vida 05/03/2010
La Voz de Galicia
Nun país no que un de cada tres cidadáns padece hipertensión, os médicos xa teñen unha ferramenta máis forte para combatila. É o proxecto Hygia, deseñado por científicos da Universidade de Vigo e posto en marcha por médicos de 22 centros de saúde das provincias de Pontevedra e Lugo. Con el, os facultativos logran coñecer mellor as características dos seus enfermos, darlles un tratamento máis preciso e, por tanto, mellorar a súa supervivencia.
A Fundación Galicia Europa participa nun proxecto europeo para apoiar á creación de pemes ecoinnovadoras 05/03/2010
Xunta de Galicia
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asinou esta mañá un acordo que porá en marcha o proxecto europeo de cooperación transnacional ECO-INNOVA, do que é socio a Fundación Galicia Europa (FGE) xunto a tres institucións de Francia, Portugal e Reino Unido e baixo o liderado do Concello de Ourense. Por este motivo, na sinatura de hoxe tamén estivo presente o director xeral de Emprego e Promoción Económica ourensán, José Ángel Vázquez Barquero, que actuará como director do proxecto
Científicos confirman a idade do Universo 05/03/2010
ABC
Un equipo internacional de investigadores desenvolveu un novo método para medir o tamaño, os anos e a velocidade de expansión do cosmos que emprega as galaxías coma se foran telescopios para observar todo o que se atopa ao seu arredor. Os resultados confirman que o Universo ten a antigüidade que se coñecía, 13,75 millóns de anos- e a existencia dunha forza notable da enerxía oscura, responsable de poñer a ”quinta marcha” á expansión do firmamento.
Tecnópole acolle a primeira xornada de captación de pemes enerxéticas para o proxecto europeo ER-INNOVA 05/03/2010
Tecnópole
Tecnópole, xefe de fila do proxecto europeo ER-INNOVA, acolle o próximo martes 9 de marzo unha xornada aberta para levar a cabo a primeira fase de captación de pemes do sector das enerxías renovables co fin de integralas nesta iniciativa, dirixida a aumentar a súa competitividade. A xornada dará comezo ás 11 da mañá no salón de actos do Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas (Ourense), e estenderase ata as 13.30 horas. En primeiro lugar, os asistentes terán ocasión de coñecer os detalles do proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea ao amparo do Programa Operativo de Cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. O seu marco temporal é bianual (2009-2010) e conta cun financiamento total de 931.693,68 €, dos que o 75% procede dos FEDER.