| PRESENTACIÓN OBSERVATORIO INNOVACIÓN
 O Observatorio Innovación (www.observatorioinnovacion.org) é unha iniciativa promovida pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio integrada no COG, creada co obxectivo de dar a coñecer ás comunidades científica (universidade e organismos públicos de investigación), tecnolóxica, empresarial, a administración e a sociedade galega en xeral a importancia da innovación para o desenrolo socioeconómico de Galicia.
A innovación é un dos grandes retos que deben afronta-las empresas, organizacións e a sociedade galega en xeral para adaptarse ás novas circunstancias tecnolóxicas e os seus cambios. O portal facilita ás empresas e as entidades destinatarias o coñecemento da situación actual da innovación na nosa comunidade autónoma cun análise, seguimento e posicionamento realizado de forma sistemática e obxectiva.
A observación é a labor primordial do Observatorio, que realiza un seguemento da situación da nosa comunidade autónoma con relación á aplicación da innovación. Tamén estudia, entre outros aspectos, as causas que impulsan a innovar, os obstáculos ou as principais necesidades que se atopan para facela.
A actividade de observación non tería sentido se a información recollida no se pon ó servicio dos destinatarios. Estes teñen a súa disposición os contidos do seu interese na WEB www.observatorioinnovacion.org: as noticias de actualidade ou os informes sobre: o impacto, as ferramentas que teñen o seu alcance para innovar e as axudas.
O Observatorio Innovación apoia a tarefa de difusión dos seus contidos, principalmente, coa elaboración dun Boletín electrónico semanal cos aspectos máis destacados e actuais na área da innovación. E ten tamén carácter interactivo a través da súa sección de participación por medio de enquisas, contactos e foros.
|