O Observatorio TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) www.observatoriotic.org é un servicio da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, enmarcado no Centro de Observación de Galicia, que ten a finalidade de examinar a realidade das empresas, as organizacións, as agrupacións, a administración e a sociedade galega en xeral con relación á aplicación das TIC.
 

En referencia ás tecnoloxías da información e a comunicación realizáronse moitos avances en materia de información. O Observatorio TIC contribúe a facilitar ese coñecemento nas distintas seccións da súa páxina WEB. Pero tamén pretende colaborar a que os axentes económicos e a sociedade en xeral apliquen as novas tecnoloxías, fomentando accións de mellora.

Para lograr este fin o Observatorio TIC realiza unha análise e un seguimento sobre a situación e o posicionamento da nosa comunidade en materia de tecnoloxías da información e a comunicación de forma sistemática e obxectiva. Ademáis, non só aporta as observacións propias.

O Observatorio TIC para mostra-las cifras máis actuais, enmarca e contextualiza os seus estudios cós datos, medicións e variables doutros observatorios, coa finalidade de facer diferentes análises e facilitar o seu estudio. Por iso mantén liñas de enlace permanente no ámbito nacional coa Entidade Pública Empresarial (www.red.es) e no internacional co Eurobarometer (www.europa.eu.int/comm/public_opinion). Ademáis, de realizar observacións complementarias con outros observatorios estatais e comunitarios.

Para conseguir o obxectivo de ofrecer tóda a información necesaria e actualizada para contribuir á aplicación práctica das TIC e fomentar a integración de iniciativas e axentes, a páxina web facilita servicios de información nas súas diversas seccións: estatísticas, con informes sobre a situación actual e a evolución da implantación das TIC nas empresas, os fogares ou a administración; indicadores de mercado das TIC; indicadores de tarifas das telecomunicacións; e estatísticas de infraestructuras. Así como as noticias máis destacadas, as axudas, as tendencias, os actos e os enlaces de interés. Tamén edita un Boletín electrónico semanal cós contidos máis actuales e de maior interés con relación ás TIC.

Estas accións de divulgación complétanse coas actuacións destinadas directamente á potenciación da aplicación das TIC como un servicio avanzado a empresas e demáis organizacións ofrecendo unha lista de proveedores TIC da comunidade galega. A web www.observatoriotic.org tamén está aberta á participación directa dos usuarios e axentes do eido das TIC por medio de foros e enquisas.

 

 

 



© Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Aviso Legal


Volver á páxina inicial